Monday 06 de May de 2024

Alternativa seguirá a mellorar as políticas sociais do Concello de Oleiros


Alternativa dos Veciños celebrou este venres unha nova cea fría de pre-campaña, nesta ocasión no Pavillón da Rabadeira, na parroquia de Santa María de Oleiros. Acudiron a este evento unhas 300 persoas, que puideron coñecer as propostas do partido de cara a vindeira lexislatura

Manuel Sánchez, representante na executiva do partido da Comisión Parroquial, deu a coñecer a lista electoral coa que se presentará o partido as eleccións do vindeiro 28 de maio. Ademáis, tamén interviú a candidata da parroquia Teresa Vázquez.

No final do acto tomou a palabra o presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane. O alcalde de Oleiros comprometeuse a seguir avanzando en políticas sociais, especialmente no relacionado coas persoas maiores, as que o concello adica as actividades de envellecemento activo e unha atención esmerada cando se encontran en situación de dependencia.